Publicadas as listaxes provisionais das persoas seleccionadas nos programas Acoreuropa VI e VII

O Concello fai públicas as listaxes provisionais das persoas seleccionadas nos programas Acoreuropa VI (para ciclos medios de FP) e Acoreuropa VII (para ciclos superiores de FP).

Ademais das listaxes das persoas seleccionadas, publícanse as listaxes de agarda e das persoas excluídas do proceso de baremación. Ábrese un período de dez días hábiles para a presentación de posibles reclamacións. En caso de non haber alegacións, entenderanse aprobadas de forma definitiva as listaxes.

Debido á nova lei de protección de datos, lémbrase que as persoas incluídas nas listaxes están referenciadas polo número de identificación asignado no seu momento na ficha de inscrición.

A concesión das bolsas queda ademais supeditada a que aquelas persoas que teñan que titular en xuño superen a FCT e que polo tanto acrediten a titulación do seu ciclo. En caso de non ser así, serán sustituídas polas integrantes da listaxe de agarda na orde establecida en dita listaxe.

Máis información e aclaracións de dúbidas:

Servizo Municipal de Educación

Casa Paredes. Avda. da Mariña, 18 – 2ª pranta. 15001 A Coruña

Correo-e: educación@coruna.es

Teléfono: 981 184 200, extensión 12114