O martes 3 de abril iníciase o programa de itinerarios, que se desenvolverá até o mes de xuño

A planificación diaria estará dispoñible na seguinte ligazón: http://extensiones.edu.coruna.es/itinerarios/calendario.php

Aviso: no caso de ter algún cambio do número de alumnado que asiste ao itinerario agradecemos que nolo comuniquen a través do correo electrónico educacion@coruna.es , xa que suporá unha modificación da cantidade a aboar por aula.

O programa de itinerarios conta cunha versión dixital dos itinerarios, “Itinerarios Smart", coa que se pode traballar na aula. O acceso é público e faise a través da web educativa municipal: https://smart.coruna.es/itinerarios/

A continuación lembrámoslle as condicións do programa:

  • O alumnado debe de vir preparado coa roupa e calzado axeitado para facer o itinerario (roupa de abrigo, calzado cómodo, prendas impermeables e paraugas). O itinerario suspenderase nos casos de situación climatolóxica adversa.
  • A duración do itinerario é de 90 minutos máis o tempo de chegada e saída do autobús.
  • O profesorado debe de estar presente durante todo o percorrido e colaborar na realización do mesmo.
  • Servizo de transporte:
    • O bus estará dispoñible no centro media hora antes do inicio de cada itinerario. Este horario pode axustarse en función da distancia do centro ao lugar de inicio do itinerario.
    • O SME contabiliza un acompañante por grupo-clase, no caso de precisar que vaia máis xente deberán de solicitalo previamente ao SME.
  • Pago da cota:
    • A cantidade que lle corresponde aboar por cada grupo aparece no correo electrónico. Debe indicarse na transferencia o concepto "Itinerarios Urbanos" e o nome do centro.
    • O abono da cota faise na conta de "Caixa Bank" da Federación de ANPAS de centros públicos: ES37 2100 6359 5802 0006 1816
    • Unha vez feito o pago achegar xustificante de transferencia a ocio@fedapascoruna.org
    • O prazo para pagar remata o venres 23 de marzo de 2018 (incluído)

En caso de precisar algunha aclaración poden poñerse en contacto vía correo electrónico en educacion@coruna.es ou no teléfono 981 18 42 00 ext. 12047 e 12027.

Nota: As visitas aos espazos previstos nalgúns itinerarios (Pazo municipal, casas museos, IES Eusebio da Guarda, Capitanía, Teatro Rosalía), poden sufrir cambios ou anularse por motivos de axenda.

PARADAS DOS AUTOBUSES NOS ITINERARIOS

Itinerario: O mozo Picasso (3º- 4º E.P)

  • O bus deixa e recolle ós participantes na Praza de Pontevedra (parada de autobús onde está a tenda Orange)

Itinerario: A Cidade de María Pita (3º- 4º E.P)

  • Cando existan dous grupos facendo a vez o mesmo itinerario:
    • O bus deixa unha aula na parada de bus de Porta Real (dirección Parrote) e outra aula na parada de bus da Maestranza, e a recollida se realizará nas mesmas paradas en orde inversa.

Itinerario: Prazas con Poder (5º-6º E.P)

  • Cando existan dous grupos facendo a vez o mesmo itinerario:
    • O bus deixa unha aula na parada de bus de Porta Real (dirección Parrote) e outra aula na parada de bus do Parrote (Hotel Finisterre), e a recollida se realizará nas mesmas paradas en orde inversa.

Itinerario: A Coruña Praza Forte do Reino (5º-6º E.P)

  • Cando existan dous grupos facendo o mesmo itinerario:
    • O bus deixa unha aula na parada do Parrote (Hotel Finisterre) e continua o traxecto deixando outra aula no Castelo de San Antón, e a recollida se realizará nas mesmas paradas en orde inversa.

Itinerario: Personaxes da cidade (1º-2º ESO)

  • O bus deixa e recolle ós participantes na parada de autobús de Porta Real

Itinerario: Casas Consistoriais da cidade

  • Cando existan dous grupos facendo o mesmo itinerario:
    • O bus deixa unha aula na parada de Porta Real e continua o traxecto deixando outra aula na parada do Parrote (Hotel Finisterre) e a recollida se realizará nas mesmas paradas en orde inversa.

Itinerario: Modernismo coruñés

  • Cando existan dous grupos facendo o mesmo itinerario:
    • O bus deixa unha aula na parada de autobús da Praza de Galicia e outra aula na parada de autobús da Praza de Pontevedra, e a recollida se realizará nas mesmas paradas en orde inversa.