Novo programa educativo municipal Poténciate!

Image

Poténciate! é un programa que abrangue as diferentes accións de reforzo educativo para diminuír o fracaso escolar e favorecer a inclusión social que desenvolve o Concello da Coruña. A convocatoria actual é para a participación dos centros educativos que se queiran adherir a el.

A intención deste programa é facilitar aos centros a posibilidade de contar cos servizos dunha ampla gama de profesionais do ámbito socioeducativo para realizar accións específicas co alumnado que o precise, complementando a importantísima tarefa que realizan desde os centros as e os profesionais do ensino.

O alumnado usuario do programa será seleccionado polos propios centros. Tamén serán os centros quen determinen as accións que sexa preciso levar a cabo co dito alumnado.

O prazo de presentación de solicitudes dos centros que se queiran sumar a Poténciate! iníciase o próximo 18 de decembro e finaliza o vindeiro 19 de xaneiro.