Idiomas do mundo 2018: Publicadas as listaxes definitivas

Publícanse as listaxes definitivas do programa Idiomas do mundo 2018 consonte coa cláusula 46ª das bases do programa: “A proposta de resolución definitiva recollerá, se procede, as alegacións presentadas. Non se realizarán comunicacións individuais fronte ás mesmas. Emitirase pola Xefatura de Servizo de Educación e incluirá as seguintes relacións definitivas, unha para cada idioma:

a. Alumnado seleccionado (tantos como prazas se oferten no programa), sinalando ás/aos que se lle concedese bolsa total e a contía do custo da praza que lles corresponda aboar ás/aos restantes seleccionadas/os.

b. Alumnado que, cumprindo os requisitos, non acade o número de orde que lle permita participar no programa por exceder do número de prazas correspondentes a cada idioma, que constituirán as listaxes de agarda. As/os solicitantes seleccionadas/os nalgunha das listas non figurarán, se é o caso, nas listaxes de agarda das outras. As/os non seleccionadas/os poderán figurar en máis dunha.

c. Alumnado que non cumpre os requisitos para participar no programa, con expresión sucinta da causa da súa exclusión.

Asemade na cláusula 49ª sinala que: “Unha vez publicada a resolución definitiva, as/os seleccionadas/os disporán dun prazo de 5 días naturais para a súa aceptación ou renuncia, que deberá ser comunicada por escrito ao SME a través dos rexistros municipais. Transcorrido o dito prazo sen que se produza comunicación, entenderase que renuncia á súa participación no programa. De se presentar a comunicación nalgún rexistro non municipal remitirase copia escaneada da mesma (co selo de rexistro de entrada) por correo electrónico ao SME (educacion@coruna.es).”

O prazo de aceptación ou renuncia remata o luns 11 de xuño.

O custo total da praza é de 2.249,00€.

E segundo a cláusula 52ª: “As persoas participantes incluídas nas listaxes de agarda substituirán, por orde de puntuación, ás seleccionadas que renuncien á súa participación no programa. Estas persoas serán informadas por correo electrónico para que, nun prazo de 24 horas, acepten a praza vacante. Transcorridas as ditas 24 horas sen que conste a aceptación, a praza será ofrecida á seguinte persoa na listaxe de agarda.”

Asemade, unha vez rematado o prazo de aceptación ou renuncia das persoas seleccionadas e das posibles substitucións nas listaxes de agarda, o Servizo Municipal de Educación ofertará as 7 prazas vacantes (1 de alemán e 6 de portugués) entre ás persoas solicitantes de outros idiomas que non foran asignadas, sempre que cumpran os requisitos para ese idioma.

Reunión informativa para as persoas seleccionadas e as súas familias

Cónvócase as persoas seleccionadas e as suas familias, asi coma as persoas en listaxes de agarda e aos que se lles vaian comunicando as prazas vacantes, a unha reunión informativa coa empresa adxudicataria (New Link Education SL) e o SME; na que se informará, entre outros temas relacionados coa estadía, as cidades de destino e as datas definitivas (que serán en agosto) e, no seu caso, a forma de aboar a cota correspondente.

Será o mércores 27 de xuño, ás 19:00 h, no Centro cívico municipal Los Mallos (Avda. Arteixo, 147).

MÁIS INFORMACIÓN:

Servizo Municipal de Educación. educacion@coruna.es

T: 981 184 200 ext: 12038 e 12043