Día das Letras Galegas: Recital na librería Berbiriana

Image

Con motivo da celebración do día das Letras Galegas, na librería Berbiriana, organízase un recital a cargo de Félix Arias. Será o xoves 17, ás 12.30 horas.

O repertorio, dirixido especialmente aos nenos e nenas, incluirá cancións con textos dos últimos homenaxeados no día das Letras Galegas.

"Xa non teño medo", "Herba Pequerrechiña", "O can Rin", "A moza que fai flores e lee novelas" ou "Son o rei" son algunhas das cancións que se poderán escoitar e que son moi coñecidas polas familias de escolas e colexios onde Félix é profesor de música.