A Coruña Tardes. Programa de ocio educativo POE

DESCRICIÓN

O programa presenta unha composición multidisciplinar estruturada en actividades que posibilitan unha formación integral co xogo como principal ferramenta de intervención educativa. Como complemento ao programa, poderanse organizar visitas didácticas aos equipamentos científicos e culturais da cidade nos que os/as escolares participarán en propostas elaboradas e adaptadas a sua idade e intereses.

Os módulos para o curso 2017/2018 son:

  • Eureka!
  • Enxebre
  • Escola de actores
  • Feito a man
  • O ritmo do son

Por outra banda, o alumnado, dependendo do obradoiro no que participen, intervirán noutras accións educativas como a Feira Matemática, o Día da Ciencia na Rúa, o Certame de Teatro Escolar, etc...

PERSOAS DESTINATARIAS

Alumnado de Educación Infantil e 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria dos centros educativos públicos do Concello.

  • As solicitudes do alumnado con NEE, serán valoradas en función da adecuación do programa ás súas necesidades e dispoñibilidade de recursos
  • A ratio mínima para formar grupo será de 12 participantes para centros de liña 1 e de 15 para centros de liña 2 ou superior.

PERÍODO DE REALIZACIÓN

Do 2 de outubro de 2017 ao 31 de maio de 2018.

CONDICIÓNS DO PROGRAMA

O centro escolar deberá proporcionar espazos adecuados para a realización dos módulos do programa. Cada grupo de participantes deberá contar cun espazo/aula de referencia.

HORARIO

De luns a venres, das 16.00h. ás 18.00h. en horario ininterrumpido.

Cada obradoiro do programa realízase no día que asigne o ANPA, tendo en conta a dispoñibilidade de espazo do centro.

MODELO DE CALENDARIO ORIENTATIVO

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

De 16:00h. a 18:00h.

EUREKA!

ENXEBRE

ESCOLA DE ACTORES

FEITO A MAN

O RITMO DO SON

CUSTO

Existen dúas modalidades de participación no programa. Cada unha delas ten establecida unha COTA TRIMESTRAL

MODALIDADE 1 OU COMPLETA

  • 5 días completos á semana (de luns a venres 10h)
  • Cota trimestral: 30€

MODALIDADE 2 OU PARCIAL(1)

  • De 1 a 4 días á semana
  • Cota trimestral:

*1 día: 10€ / *2 días: 15€ / *3 días: 20€ / *4 días: 25€

(1) En ningún caso a asistencia será só dunha hora.

INSCRICIÓN CENTROS

Ficha de solicitude xeral

Do 11 ao 30 de setembro de 2017

*Información xeral para centros educativos

INSCRICIÓN ALUMNOS

PRAZO INSCRICIÓN: do 4 ao 15 de setembro de 2017

Lugar de inscrición: no local da ANPA de cada centro educativo no que se realice este programa.Unha vez comezado o programa, poderá haber novas altas sempre e cando queden prazas vacantes no grupo do tramo de idade que solicita.

Para formalizar a inscrición no Programa de Ocio Educativo deberase entregar a ficha de inscrición debidamente cumprimentada e abonar a cota trimestral correspondente á modalidade de participación solicitada e 4€ en concepto de seguro de accidentes, que dará cobertura en todos os programas xestionados pola federación de ANPAS para o curso 2017-18.

CENTROS ONDE SE OFERTA

CENTROS ONDE SE REALIZOU O CURSO 2016-17

  • CEE Nosa Señora do Rosario
  • CEE Nosa Señora de Lourdes
  • CEIP Anxo da Garda
  • CEIP Curros Enríquez
  • CEIP Emilia Pardo Bazán
  • CEIP Eusebio da Guarda
  • CEIP José Cornide
  • CEIP Juan Fernández Latorre
  • CEIP Labaca
  • CEIP Manuel Murguía
  • CEIP María Barbeito
  • CEIP María Pita
  • CEIP Prácticas
  • CEIP Raquel Camacho
  • CEIP Rosalía de Castro
  • CEIP Sagrada Familia
  • CEIP Sal Lence
  • CEIP Salgado Torres
  • CEIP San Francisco Xabier
  • CEIP San Pedro de Visma
  • CEIP Víctor López Seoane
  • CEIP Wenceslao Fernández Flórez
  • CEIP Zalaeta

ENTIDADES COLABORADORAS

Federación Provincial de Anpas e Centros Públicos

R/ Orzán, 21 | Tel. 981.202.002

15003 A Coruña

ocio@fedapascoruna.org

www.fedapascoruna.org