O espectáculo "Paxariños" chegará ás nove escolas infantís municipais en marzo e abril
Nesta actividade, organizada en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello, a compañía Trinketrinke presentará o seu contacontos teatral dirixido a nenos e nenas de 1 a 3 anos nas escolas infantís Arela, Monte Alto, Agra do Orzán, Carricanta, Os Rosales, Luis Seoane, Os Cativos, Carmen Cervigón e A Caracola.