Obradoiro xuvenil de creación de personaxes: Do deseño 2D ao modelado 3D

O CPEIG (Colexio profesional de Enxeñaría Informática de Galicia) e a AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) organiza o obradoiro de creación de personaxes "Do deseño 2D ao modelado 3D".

Nesta actividade gratuíta, que se celebrará o 5 e 6 de xullo en Palexco, os rapaces e as rapazas aprenderán a crear un personaxe dende a súa fase de concept art ata o seu modelado en 3D. Ademáis, os monitores ensinaranlles os trucos necesarios para enfrentarse a puntos esenciais do proceso como son a anatomía, as dimensións, as proporcións, as sensacións que debe transmitir, así como a ambientación e historia do personaxe.

Poden participar no obradoiro de 6 horas os rapaces e rapazas de entre 14 e 18 anos.

Consulta as bases.