Día das Forzas Armadas 2018: Carreira de orientación no Parque de Bens

Con motivo da celebración do Día das Forzas Armadas, o vindeiro 2 de xuño, a partir das 10.30 horas, celebrarase no Parque de Bens, unha carreira de orientación dirixida aos nenos e nenas.

Na carreira poderán participar os menores de idade ata 14 anos, cumpridos antes do día da proba, con autorización paterna, materna ou do titor legal.

A proba está enfocada para que los menores de 14 anos, se o desexan, poidan ir acompañados dos seus pais.

As inscricións deben realizarse a traváes da páxina web oficial da Forza Loxística Operativa: www.ejercito.mde.es/unidades/Coruna/flo/, descargando o formulario de inscrición. A documentación poderá entregarse en man na Oficina de Comunicación do Cuartel Xeral da Forza Loxística Operativa, (Palacio de Capitanía - Praza da Constitución nº5, A Coruña).

O prazo límite de inscrición é o venres 25 de maio, ás 22.oo horas.

Máis información:

alm_atocha@mde.es