Actualidade

  • Imagen como Icono Nexos: A quimera da conciliación
    Xornada sobre crianza, coidados e traballo doméstico no século XXI, dentro do ciclo de cultura contemporánea Nexos 2018. Este sábado 27 de xanerio de 12:00 a 14:00, coa intervención da filósofa e xestora cultural Carolina del Olmo.
  • Imagen como Icono Representación teatral interactiva: O gabinete da doutora Von Therm
    Unha excéntrica investigadora e o seu sinistro axudante convidan aos asistentes a descubrir o custe enerxético de quentar unha habitación ou iluminar unha rúa. Dende o 25 de abril ata o 21 de xuño.
  • Imagen como Icono Xornadas de Participación Cidadá

    Terán lugar o mércores 24 de xaneiro (18h) na Domus, para achegarlle estes conceptos á cidadanía: profundar, dialogar e aprender máis sobre os bens comúns. Organiza a Concellaría de Participación e Innovación Democrática.

  • Imagen como Icono Obradoiro para escolares no MAC: Benvidos ao museo!
    Un ritual de iniciación museística para unha nova xeración de visitantes. É unha actividade de balde, para a que os centros interesados deben cubrir o formulario de inscrición. Comeza o 6 de abril.
  • Imagen como Icono Matinal de teatro infantil no Colón: Muiñada
    Muiñada é unha viaxe ao pasado para os nenos e nenas de hoxe, que serve para coñecer de onde vimos e non deixar morrer a memoria dos nosos avós e avoas. O domingo 28 de xaneiro ás 12:00h.
  • Imagen como Icono PequeFilmes 2018
    Volve ao Gaiás o Festival de Curtas Infantis máis esperado: o PequeFilmes 2018. Toda unha fin de semana de proxeccións, premios do público e obradoiros. Durante os días 20 e 21 de xaneiro, con horario de 10:00 a 20:00.
  • Imagen como Icono Contos en lingua de signos na Biblioteca Pública Miguel González Garcés
    O sábado 20 de xaneiro vén gozar dos contos en lingua de signos programados na Biblioteca Pública Miguel González Garcés. Están pensados para nenos/as de máis de 3 anos, oíntes e xordos.
  • Imagen como Icono Axudas de mobilidade complementarias ao Erasmus+
    Convocadas as axudas de mobilidade complementarias ás da UE para o Erasmus+. Están dirixidas ao alumnado que participa no programa este curso. O prazo de solicitude remata o 2 de febreiro.
  • Imagen como Icono Probas para a obtención do DELF escolar en Galicia
    A Consellería de Educación vén de publicar na súa web a información sobre estes exames cos que o alumnado de centros públicos de ensino secundario pode obter un diploma oficial de lingua francesa.
  • Imagen como Icono O Muncyt Coruña organiza novos obradoiros infantís
    O Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía da Coruña vai acoller en xaneiro varias propostas divulgadoras para nenos e nenas de 6 a 12 anos. Trataranse temas coma a enerxía magnética e as ondas mecánicas.